Inicio Galicia A Policía Autonómica leva a cabo 109 inspeccións para velar polo cumprimento...

A Policía Autonómica leva a cabo 109 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo un total de 109 inspeccións de control de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco en 17 concellos galegos entre o 29 de abril ao 5 de maio.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo nesta pasada semana realizáronse 40 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos A Coruña, A Merca, Ames, Lugo, Marín, O Porriño, Oroso, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Santiago de Compostela, Toen, Trabada e Vigo.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 45 persoas e inspeccionadas 109 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantouse 13 actas de infracción: catro actas de infracción por venda de alcohol, unha por venda de tabaco e 8 actas de infracción por consumo.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre