Inicio Galicia A Policía Autonómica leva a cabo 101 inspeccións para velar polo cumprimento...

A Policía Autonómica leva a cabo 101 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo un total de 101 inspeccións de control de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco en 14 concellos galegos entre o 24 ao 30 de xuño de 2019.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago nesta pasada semana realizáronse 43 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos de Lousame, Santiago de Compostela, Teo, Ourense, Baiona, Marín, Nigrán, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Sanxenxo, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 69 persoas e inspeccionadas 101 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 12 actas de infracción: 10 por consumo de alcohol e 2 por tenza de substancias estupefacientes.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre