Inicio Galicia A Policía Autonómica investiga a catro persoas en Laxe por un delito...

A Policía Autonómica investiga a catro persoas en Laxe por un delito de furtivismo na Coruña

0

Os axentes comisaron 22 quilos de percebes así como un traxe de neopreno e diversos útiles para a súa extracción

Axentes do grupo ERPOL da Policía Autonómica investigan a catro persoas por un presunto delito de furtivismo.

O pasado día 22 de novembro, axentes da Unidade de Policía Autonómica da Coruña en colaboración con Gardacostas de Galicia, estableceron un operativo conxunto nesa mesma cidade, para o control do transporte de peixe por estrada.

No transcurso de dito dispositivo inspecciónase un vehículo ocupado por catro persoas, no que transportaban 22 quilos de percebe, así como un traxe de neopreno e diversos útiles para a extracción do mencionado marisco. Por dito motivo esténdense as correspondentes actas de infracción, intervindo o vehículo do cal se fai cargo os funcionarios do servizo de Gardacostas. O percebe comisado é entregado a unha asociación benéfica da Coruña.

Leer más:  El mal tiempo no frena a los peregrinos: Santiago recibe 4.000 caminantes antes del arranque de los festivos

- Te recomendamos -