Inicio Galicia A Policía Autonómica identifica a 54 persoas e leva a cabo 95...

A Policía Autonómica identifica a 54 persoas e leva a cabo 95 inspeccións por venda e consumo de alcohol en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo un total de 95 inspeccións de control de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco en 9 concellos galegos entre o 21 e o 27 outubro de 2019.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo e Santiago nesta pasada semana realizáronse 26 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, A Estrada, Lugo, Pontevedra, Porto do Son, Rois, Santiago de Compostela, Tui e Vigo.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 54 persoas e inspeccionadas 95 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 7 actas de infracción, cinco delas por consumo de alcohol e dúas por venda de alcohol.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre