Inicio Galicia A Policía Autonómica identifica a 34 persoas en 65 inspeccións por consumo...

A Policía Autonómica identifica a 34 persoas en 65 inspeccións por consumo de alcohol e drogas en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo un total de 65 inspeccións de control de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco en 10 concellos galegos entre o 28 de outubro e o 3 de novembro de 2019. Nestes controis identificáronse a 34 persoas e levantáronse 6 actas de infracción.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago nesta pasada semana realizáronse 27 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, A Estrada, Lugo, O Pino, Ourense, Poio, Pontevedra, Ribeira, Rois e Santiago de Compostela.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 34 persoas e inspeccionadas 65 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse seis actas de infracción, cinco delas por consumo de alcohol e unha por consumo de sustancias estupefacientes.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre