Inicio Galicia A Policía Autonómica identifica a 34 persoas e leva a cabo 84...

A Policía Autonómica identifica a 34 persoas e leva a cabo 84 inspeccións por venda e consumo de alcohol e tabaco en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo un total de 84 inspeccións de control de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco en 15 concellos galegos entre o 14 e o 20 outubro de 2019.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago nesta pasada semana realizáronse 34 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, A Illa de Arousa, Lousame, Lugo, Marín, Meaño, Ourense, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Ribeira, Santiago de Compostela, Verín, Vigo e Vila de Cruces.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 34 persoas e inspeccionadas 84 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 9 actas de infracción: catro por consumo e tres por venda de alcohol, ademais dunha acta por consumo e outra por venda de tabaco.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre