Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello ourensán de Ribadavia

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello ourensán de Ribadavia

0

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Ourense veñen de esclarecer un incendio no concello ourensán de Ribadavia.

Os axentes procederon a tomar declaración como investigado a un varón, como presunto autora dun incendio ocorrido o pasado 23 de febreiro, na parroquia de Ventosela. O lume, que afectou unha superficie rasa de 0,01 hectáreas, orixinouse por mor dunha queima de restos forestais ao carón dunha pista forestal, sen gardar as debidas medidas de precaución, o que resultou na propagación do lume á finca lindeira.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia. No que vai de ano, un total de 6 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de lumes. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre