Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello ourensán de Leiro

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello ourensán de Leiro

0

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Ourense veñen de esclarecer un incendio no concello ourensán de LeiroOs axentes procederon a tomar declaración como investigada a unha muller, como presunta autora dun incendio ocorrido o pasado 22 de febreiro, na parroquia de Gomariz. O lume, que afectou unha superficie rasa de 0,04 hectáreas, orixinouse por mor dunha queima de restos forestais nunha finca, sen que a investigada gardara as debidas medidas de precaución.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia. No que vai de ano, un total de 5 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de lumes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre