Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello ourensán de Laza

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello ourensán de Laza

0

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Ourense veñen de esclarecer un incendio no concello de Laza.

Os axentes procederon a tomar declaración como investigado a un varón, como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 21 de febreiro, na parroquia de Eiras, concello de Laza (Ourense), que afectou a unha superficie de 1,2 hectáreas de superficie arborada. O lume foi orixinado por mor dunha fogueira mal apagada feita polo investigado, sen salvagardar as debidas medidas de precaución á hora de realizala, o que posibilitou que o lume alcanzase ao monte que se atopaba ao seu carón.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº 2 de Verín. No que vai de ano, un total de 4 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de lumes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre