Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Taboadela

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Taboadela

0

No que vai de ano, un total de 56 persoas foron investigadas pola policía autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica veñen de esclarecer a autoría dun incendio forestal ocorrido no concello ourensán de Taboadela.

Axentes do grupo de Investigación de Incendios da Xefatura de Ourense procederon a tomar declaración como investigado a un varón como presunto autor dun lume ocorrido o pasado 26 de xullo na parroquia de Santa Leocadia.

Os incendio orixinouse cando o investigado realizaba traballos de empacado de forraxe nunha finca. A máquina causou o lume, que se propagou debido ao vento. Arderon 0,15 hectáreas de superficie rasa.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de instrución en funcións de garda de Ourense.

Na actual campaña anti-incendios forestais do 2019, un total de 56 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre