Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Melón

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Melón

0

No que vai de ano foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 20 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica veñen de esclarecer un incendio que tivo lugar no concello de Melón.

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Ourense procederon a tomar declaración como investigado a un varón como presunto autor dun lume forestal que se produciu o pasado 30 de maio no lugar de Quins, Melón, e que afectou 0,04 hectáreas de superficie rasa.

O lume foi orixinado durante a queima de restos forestais, sen tomar as debidas medidas de precaución, polo que se propagou ás fincas lindeiras. Na extinción participaron profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta e o GES de Ribadavia. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de instrución de garda de Ribadavia.

No que levamos de ano, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 20 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre