Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Allariz

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Allariz

0

No que vai de ano, un total de 50 persoas foron investigadas pola policía autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019.- Axentes da Policía Autonómica da sede provincial de Ourense veñen de esclarecer un incendio forestal ocorrido no concello de Allariz coa identificación do presunto autor do mesmo.

Os axentes procederon a tomar declaración como investigado a un varón como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado 16 de xuño na parroquia de Queiroás, que afectou a 0,1 hectáreas de superficie rasa.

O lume orixinouse cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais sen cumprir as medidas de seguridade. As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº 2 de Ourense.

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 50 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia como presuntas autoras de incendios forestais.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre