Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello coruñés de Trazo

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello coruñés de Trazo

0

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 29 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago de Compostela esclareceron un lume no concello coruñés de Trazo.

Axentes da Policía Autonómica de Santiago, en colaboración co persoal do Distrito Forestal III- Santiago- Meseta interior, tomaron declaración como investigado a un veciño de Trazo, como presunto autor dun lume forestal orixinado o pasado 24 de maio, na parroquia de Restande, no concello de Trazo (A Coruña).

O lume produciuse, cando o investigado estaba a facer unha queima de restos vexetais, sen adoptar todas as medidas de seguridade precisas, o que provocou a propagación do lume ao monte lindante, ardendo 1 de hectárea de monte arborado.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ordes. No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 29 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia aumenta un 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

- Te recomendamos -