Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello coruñés de Coirós

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello coruñés de Coirós

0

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 24 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica da Coruña veñen de esclarecer un incendio producido no concello de Coirós o pasado 17 de maio. Tramítanse dilixencias como investigada contra unha empresa pola orixe do lume, que se iniciou ás 20.47 horas no lugar de Caresma.

O incendio produciuse pola caída dunha árbore enriba do tendido eléctrico. O curtocircuíto orixinou o lume na abundante vexetación existente. Arderon 0,11 hectáreas de monte raso e arborado.

Para a extinción do incendio foi necesaria a intervención dos medios do distrito. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Betanzos. No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 24 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Leer más:  La Policía Local de Ames (A Coruña) está buscando a un conductor que huyó después de atropellar a un niño

- Te recomendamos -