Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello coruñés de Betanzos

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello coruñés de Betanzos

0

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 41 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica da Coruña esclareceron un lume no concello coruñés de Betanzos, polo que se procedeu á investigación de dúas persoas como presuntos autores do mesmo.

O incendio tivo lugar o pasado 1 de outubro na parroquia de Piadela. Foi consecuencia dunha queima de restos de poda e agrícola, non autorizada e prohibida, nunha finca da propiedade dos presuntos autores, que se ausentaron do lugar sen apagar o lume. Membros do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDIF) tiveron que proceder á súa extinción. O incendio afectou a 0,32 hectáreas de superficie.

O atestado foi remitido ao Xulgado de Instrución un funcións de Garda de Betanzos (A Coruña). No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 41 persoas como presuntas autoras de incendios forestais. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre