Inicio Galicia Ourense A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Maside

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Maside

0

No que vai de ano, son 12 os investigados pola Policía Autonómica por delitos relacionados con lumes nos montes galegos

Axentes da Policía Autonómica informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Maside.

Os axentes do grupo de Incendios da Policía Autonómica de Ourense procederon a tramitar dilixencias como investigada a unha muller como presunta autora dun lume forestal que tivo lugar o pasado 27 de marzo, no lugar de Pousada.

O lume produciuse presuntamente polo escape dunha queima, o que provocou a súa propagación a terreos próximos e que afectou a 0,40 hectáreas de monte raso. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda do Carballiño.

No que vai de ano son 12 as persoas detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre