Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no Concello de Maside

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no Concello de Maside

0

No que vai de ano, un total de 34 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica de Ourense veñen de esclarecer un incendio forestal na parroquia de Trevoedo, Concello de Maside, en Ourense.

Os axentes procederon a tomar declaración como investigado a un varón, como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 3 de maio e no que arderon 0,1 hectáreas de monte raso. O lume foi orixinado por mor dunha queima de restos forestais nunha finca, sen salvagardar as debidas medidas de precaución para este tipo de accións. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda do Carballiño (Ourense).

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 34 persoas foron investigadas pola Policía autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre