Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello de Gomesende

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello de Gomesende

0

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 18 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Ourense veñen de esclarecer un incendio producido no concello de Gomesende o pasado 24 de abril. Tramítanse dilixencias como investigada contra unha veciña do propio municipio, como presunta autora do lume, que se iniciou ás 21.55 horas no lugar de Guielas.

O incendio produciuse polo escape dunhas queimas que se realizaban nunha finca. Non se tomaron todas as medidas de seguridade necesarias e as lapas se propagaron, o que provocou que arderan 0,20 hectáreas de monte raso.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Celanova. No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigada, un total de 18 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Leer más:  Cierran la Playa de As Catedrais este jueves por el fuerte temporal

- Te recomendamos -