Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello de Arbo

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello de Arbo

0

No que vai de ano, un total de 35 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica de Vigo veñen de esclarecer un incendio forestal na parroquia de San Cristovo de Mourentán, concello de Arbo, en Pontevedra.

Os axentes procederon a tomar declaración como investigado a un varón, como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 20 de abril e no que arderon 0,2 hectáreas de terreo forestal arborado. O lume foi orixinado por mor dunha queima de restos forestais nunha finca, sen salvagardar as debidas medidas de precaución para este tipo de accións. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº3 de Ponteareas.

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 35 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre