Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece incendios nos concellos de Castrelo de Miño, Lalín...

A Policía Autonómica esclarece incendios nos concellos de Castrelo de Miño, Lalín e Ponteareas

0

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica veñen de esclarecer tres incendios nos concellos de Castrelo de Miño, Lalín e Ponteareas.

En Castrelo de Miño, axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Ourense tomaron declaración a un varón como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 23 de febreiro, na parroquia de Santa María. O lume, que afectou unha superficie rasa de 0,1 hectáreas, orixinouse por mor dunha queima de restos agrícolas na que non se observaron as medidas de precaución pertinentes, o que resultou na propagación da lume ás parcelas próximas. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia.

No caso de Lalín, axentes da xefatura da Policía Autonómica de Santiago de Compostela colaboraron co persoal do Distrito Forestal XVI Deza-Tabeirós para resolver este caso. Os axentes tomaron declaración como investigada a unha muller como presunta autora dun incendio ocorrido o pasado 26 de febreiro, na parroquia de Cercio. O lume, que afectou unha superficie rasa de 0,55 hectáreas, orixinouse debido a unha queima de restos forestais para a que non se contaba coa autorización preceptiva da Consellería do Medio Rural e na que non se observaron as medidas de precaución pertinentes. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Lalín.

En Ponteareas, axentes da sede de Vigo tomaron declaración a outra muller como presunta autora dun incendio ocorrido o 24 de febreiro na parroquia de San Mateo de Oliveira. Por mor do lume, arderon unhas 0,2 hectáreas de terreo forestal arborado e 0,05 hectáreas de terreo raso. O incendio orixinouse cando a investigada estaba a realizar unha queima de restos forestais sen gardar as medidas de seguridade. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº1 de Ponteareas.

No que vai de ano, un total de 9 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de lumes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre