Inicio Galicia A Policía Autonómica en colaboración con Gardacostas investigan a 13 persoas por...

A Policía Autonómica en colaboración con Gardacostas investigan a 13 persoas por furtivismo ilegal e un delito contra a saúde pública na ría de Arousa

0

A “Operación Aixam” comezou no mes de marzo, con diferentes dispositivos de vixilancia onde se observou un aumento de furtivos nas praias de Boiro, Cabo de Cruz e Rianxo, infrinxindo as restricións vixentes polo estado de alarma

Axentes do Grupo ERPOL da Policía Autonómica de Santiago en colaboración con Gardacostas procederon á investigación de 13 persoas por furtivismo Ilegal e un delito contra a saúde pública.

A “Operación Aixam” comezou a mediados do mes de marzo, con diferentes dispositivos de vixilancia. Froito deses dispositivos observouse un aumento significativo da presenza de furtivos nas praias de Boiro, Cabo de Cruz e Rianxo, o cal indicaba que a pesar das restricións existentes vixentes polo estado de alarma, os furtivos dispoñían dunha canle de saída para o marisco.

Despois de varios operativos de investigación conséguese localizar a unha persoa que presuntamente se dedicaba a mercarlle aos furtivos o marisco ilegalmente extraído para logo introducilo de maneira fraudulenta na cadea alimentaria. Dita persoa adicábase a comprarlle a ameixa extraída polos furtivos que posteriormente trasladaba nun vehículo ciclomotor ata un parque de cultivo da súa propiedade sito en Carril (Pontevedra), para somerxer ese marisco en auga do mar e así “refrescalo e impedir que morrera”. Despois desa operación acudía a unha lonxa e aproveitando que estaba autorizado a realizar vendas nela ao ser produtor e ter un parque de cultivo, trataba de “colocar” o marisco obtido ilicitamente como si fora apañado por el. Cabe destacar que a ameixa entraba na lonxa sen ningún tipo de trazabilidade nin medida hixiénica.

A operación concluíu cando os axentes sorprenderon a esta persoa no interior da Lonxa de Carril intentado vender 27 quilos de ameixa na mesma. Por estes feitos procédese a citar a esa persoa en calidade de investigado por presuntos delitos contra a flora e a fauna, receptación e outro delito contra a saúde pública. Cítase tamén en calidade de Investigados outros 12 furtivos por presuntos delitos de furtivismo. Cabe sinalar que por parte de este Grupo faise un estudo das vendas de ameixa por esta persoa na Lonxa de Carril, observando como había entradas anuais de ata 3500 quilos só de ameixa xaponesa.

Este operativo deu como resultado 30 persoas identificadas, 1 vehículos inspeccionados, e 13 Investigados con dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Guardia de Ribeira.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre