Inicio Galicia A Policía Autonómica e o Servizo de Gardacostas comisan 39 quilos...

A Policía Autonómica e o Servizo de Gardacostas comisan 39 quilos de percebe na Coruña

0

Os dispositivos tiveron lugar o 29 de novembro e o 4 de decembro nas zonas de Bens, Milenium e o Portiño

Axentes da Policía Autonómica, en colaboración co Servizo de Gardacostas, comisaron 39 quilos de percebe na Coruña en dous dispositivos que tiveron lugar o 29 de novembro e o 4 de decembro.

O 29 de novembro, axentes da Policía Autonómica identificaron a catro persoas que se atopaban extraendo percebe de xeito furtivo na zona de Bens. Froito da intervención, levantáronse 4 actas de infracción á Lei de Pesca de Galicia e comisáronse 13 quilos de percebe, un traxe de neopreno, tres salabardos, cinco rapas e unha mochila.

Posteriormente, o 4 de decembro, axentes da Policía Autonómica, xunto con axentes do Servizo de Gardacostas, localizaron a seis furtivos na zona do Milenium e do Portiño mentres realizaban un dispositivo de vixilancia e prevención. Levantáronse as 6 actas de infracción correspondentes e intervíronse 26 quilos de percebe, 4 rapas e 5 salabardos, que estaban agochados entre as rochas.

O marisco comisado foi entregado a unha asociación benéfica da Coruña mentres que dos útiles intervidos e das actas correspondentes fíxose cargo o Servizo de Gardacostas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre