Inicio Galicia A policía autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello de...

A policía autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello de Porto do Son

0

No que vai de ano, un total de 44 persoas foron investigadas pola policía autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica e axentes forestais veñen de esclarecer incendio forestal ocorrido no Concello de Porto do Son (A Coruña), coa identificación do presunto autor.

Os Policías integrantes do Grupo de Investigación de Incendios desta Xefatura da Unidade da Policía Adscrita en Santiago, en colaboración co persoal do Distrito Forestal IV Barbanza, procederon a tomar declaración como investigado a un varón, presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 25 de maio na parroquia de San Vicente de Noal, concello de Porto do Son, que afectou a unha superficie de 0,11 Has de superficie rasa.

O lume orixinouse cando o investigado estaba a facer unha queima de restos agrícolas, producíndose o escape da mesma. As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Noia (A Coruña).

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 44 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre