Inicio Galicia A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello de...

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello de Navia de Suarna

0

Trátase da cuarta persoa investigada pola Policía Autonómica no marco da campaña contra incendios forestais do 2020

Axentes da Policía Autonómica, en colaboración con axentes forestais, veñen de esclarecer un incendio producido no concello lucense de Navia de Suarna.

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Lugo, en colaboración con Axentes Forestais do Distrito Forestal VII A Fonsagrada-Os Ancares, procederon a tomar declaración como investigado a un varón, como presunto autor dun lume forestal que se produciu o pasado 2 de xaneiro na parroquia de Santiago de Castañedo. Arderon 1,1 hectáreas de monte raso e 0,3 de arborado.

Neste caso, o incendio produciuse cando o investigado estaba a realizar varias queimas, sen contar cos permisos de queima correspondentes e sen tomar as medidas de precaución oportunas. Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia da Fonsagrada.

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2020 foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica catro persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre