Inicio Galicia A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no Concello de...

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no Concello de Calvos de Randín

0

No que vai de ano, un total de 43 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica e axentes forestais veñen de esclarecer incendio forestal Concello de Calvos de Randín (Ourense), coa identificación do presunto autor.

Os Policías integrantes do Grupo de Investigación de Incendios da Sede Provincial desta Unidade en Ourense, en colaboración con Axentes Forestais do Distrito XV da Limia, procederon a tomar declaración como investigado a un varón, presunto autor dun incendio ocorrido o pasado día 23 de maio, en Serois-Lobas, Concello do Calvos de Randín, no que arderon 0,21 Has de superficie rasa.

O lume foi orixinado por mor dunha queima de restos forestais que o investigado realizou sen adoptar as medidas de seguridade preceptivas, o que posibilitou que o lume se propagara por toda a finca.

As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº 1 de Garda de Bande (Ourense).

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 43 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre