Inicio Galicia A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello coruñés...

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello coruñés de Padrón

0

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 33 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración co persoal do Distrito Forestal IV-Barbanza, esclareceron un lume no concello coruñés de Padrón.

O lume tivo lugar no día de onte na parroquia de Iria Flavia e produciuse polo lanzamento de foguetes pirotécnicos nas festas de San Roque. Afectou a unha superficie rasa de 0,09 hectáreasAs dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Padrón. No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 33 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre