Inicio Galicia A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal no concello...

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal no concello de Riós

0

No que vai de ano, un total de 32 persoas foron investigadas pola policía autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica e axentes forestais veñen de esclarecer un incendio forestal na parroquia do Navallo, concello do Riós.

Os Policías integrantes do Grupo de Investigación de Incendios da Sede de Ourense procederon a tomar declaración como investigado a un varón como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 30 de abril. Arderon 1,70 hectáreas de superficie (0,5 de monte arborada e 1,2 de raso). O lume foi orixinado por mor dunha queima de restos forestais que o investigado realizou na súa finca, sen adoptar as medidas de seguridade preceptivas para a realización deste tipo de queimas.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Verín (Ourense).

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 32 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre