Inicio Galicia A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal no concello...

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal no concello de Boborás

0

No que vai de ano, un total de 33 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica e axentes forestais veñen de esclarecer un incendio forestal na parroquia de Brués, concello de Boborás, en Ourense.

Os policías integrantes do Grupo de Investigación de Incendios da Sede de Ourense desta Unidade de Policía Adscrita, procederon a tomar declaración como investigado a un varón, como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 30 de abril no que arderon 0,015 Has de superficie rasa.

O lume foi orixinado por mor dunha queima de restos forestais nunha finca, sen salvagardar as debidas medidas de precaución, o que posibilitou que o lume se propagara por toda a finca.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda do Carballiño (Ourense).

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 33 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia como presuntas autoras de incendios forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre