Inicio Galicia A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen dous incendios nos concellos de...

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen dous incendios nos concellos de Meaño e O Irixo

0

No que vai de ano, un total de 31 persoas foron investigadas pola policía autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica e axentes forestais veñen de esclarecer dous incendios nos concellos de Meaño e do Irixo.

No caso do concello de Meaño, os axentes identificaron dous varóns como presuntos autores dun incendio forestal ocorrido o pasado 3 de marzo na parroquia de Covas. O incendio orixinouse cando os investigados realizaban unha queima de restos agrícolas, plásticos e útiles domésticos de grandes dimensións sen adoptar medidas de seguridade. Como resultado, o lume afectou 0,08 hectáreas de arborado. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de primeira instancia e instrución de Cambados.

Pola súa banda, no concello do Irixo procedeuse á identificación de dous varóns como presuntos autores dun lume que tivo lugar o 20 de abril, na parroquia de Baxín e que afectou unha superficie arborada de 3,7 hectáreas. O incendio produciuse por unha queima de restos forestais nunha finca sen ter en conta as medidas de seguridade. As dilixencias remitíronse ao Xulgado de instrución de garda do Carballiño.

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 31 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre