Inicio Galicia A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen dous incendios forestais nos concellos...

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen dous incendios forestais nos concellos de Paderne de Allariz e Catoira

0

No que vai de ano, un total de 39 persoas foron investigadas pola policía autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica, en colaboración con axentes forestais, veñen de esclarecer dous incendios forestais nos concellos de Paderne de Allariz(Ourense) e Catoira(Pontevedra).

No caso de Paderne de Allariz, os axentes procederon a tomar declaración como investigado a un varón, como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 13 de maio e no que arderon 0,1 hectáreas de monte raso. O lume foi orixinado por mor dunha queima de restos forestais nunha finca, realizada sen salvagardar as debidas medidas de precaución para este tipo de accións. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ourense.

En Catoira, os axentes da Policía Autonómica, en colaboración cos axentes forestais, tomaron declaración como investigado a un varón como presunto autor dun incendio forestal que tivo lugar o pasado 20 de maio e no que arderon 0,14 hectáreas de superficie arborada. Tamén neste caso o lume orixinouse por un escape dunha queima de restos forestais que o investigado realizou sen adoptar as medidas de seguridade e sen contar con ningún tipo de autorización. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Garda de Vilagarcía de Arousa.

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 39 persoas foron investigadas pola Policía autonómica como presuntas autoras de incendios forestais. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre