Inicio Galicia A Policía Autonómica e axentes ambientais esclarecen un incendio no concello de...

A Policía Autonómica e axentes ambientais esclarecen un incendio no concello de Cortegada

0

No que vai de ano foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 21 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Ourense e axentes ambientais do Distrito Forestal XI O Ribeiro-Arenteiro procederon a tomar declaración como investigado a un varón como presunto autor dun lume forestal que se produciu o pasado 2 de xuño na parroquia de Refoxos do concello de Cortegada e que afectou 0,1 hectáreas de superficie arborada.

O lume produciuse cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais, sen tomar as debidas medidas de precaución, polo que as lapas se propagaron ao monte lindante. Na extinción participou un axente, un helicóptero e dúas motobombas. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de instrución de garda de Ribadavia.

No que levamos de ano, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 21 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre