Inicio Galicia A Policía Autonómica detén un home en Ourense por quebrantar unha orde...

A Policía Autonómica detén un home en Ourense por quebrantar unha orde de afastamento da súa exparella

0

A Unidade Adscrita en Galicia ten asignada actualmente en Galicia a protección dun total de 289 vítimas de violencia de xénero

Axentes da Policía Autonómica do Grupo de apoio á Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Xefatura de Ourense detiveron onte, 16 de outubro, a un varón de 23 anos por quebrantar unha medida xudicial que lle prohibía aproximarse á súa exparella, da cal tiña unha orde de afastamento.

Durante o día de onte, os axentes observaron nunha rúa da cidade ourensá á muller, da que consta unha orde de protección, acompañada da súa exparella. Os axentes confirmaron a vixencia da orde de afastamento e procederon á detención do varón. Foi trasladado á Comisaría provincial da Policía Nacional, onde se instruíu o atestado policial e se remitiu ao Xulgado de Garda de Ourense.

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 289 vítimas de violencia de xénero.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre