Inicio Galicia A Policía Autonómica detén un home en Ourense por quebrantar unha orde...

A Policía Autonómica detén un home en Ourense por quebrantar unha orde de afastamento da súa exparella

0

A Unidade Adscrita en Galicia ten asignada actualmente en Galicia a protección dun total de 293 vítimas de violencia de xénero


Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2020.- Axentes da Policía Autonómica do Grupo de Apoio á Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Xefatura de Ourense detiveron onte, 16 de xaneiro, un varón de 35 anos de idade por quebrantar a orde de afastamento da súa exparella.

Durante o dispositivo de vixilancia dunha das vítimas que ten asignadas a Policía Autonómica, os axentes observaron como o varón se acercaba á muller para convidala a xantar, a pesar de que esta conta cunha orde de protección que impide ao detido aproximarse a menos de 300 metros e comunicarse con ela. Nese momento, os axentes procederon a identificalo e detelo. Posteriormente, trasladárono a dependencias da Policía Nacional de Ourense, onde se instruíron dilixencias, pasando a disposición xudicial.

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 293 vítimas de violencia de xénero.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre