Inicio Galicia A Policía Autonómica detén un furtivo en Vigo por resistencia e desobediencia...

A Policía Autonómica detén un furtivo en Vigo por resistencia e desobediencia á autoridade

0

Comisáronse 5 quilos de percebe que foron entregados a unha asociación benéfica da cidade

Axentes da Policía Autonómica detiveron un varón en Vigo como presunto autor dun delito de resistencia e desobediencia á autoridade ao que se lle comisaron 5 quilos de percebe durante un dispositivo que tivo lugar o pasado martes.

A Policía Autonómica, tralo requirimento do gardapesca da Confraría de Pescadores de Vigo, identificou a un home que estaba a extraer percebe de xeito ilegal na zona da illa de Toralla, ao que levantaron unha acta de infracción á Lei de Pesca de Galicia.

Pasado un tempo, volveron a ser requiridos polo gardapesca da confraría, que recibiu ameazas do mesmo individuo tras comisarlle unha bolsa con 5 quilos de percebe cando este regresara ao lugar dos feitos a continuar coa actividade extractiva.

Os axentes procederon á súa detención e tamén recibiron ameazas e insultos por parte deste varón, que ademais ofreceu resistencia. O detido foi trasladado por estes feitos á Comisaría da Policía Nacional en Vigo para a tramitación dun atestado policial.

O marisco comisado foi entregado a unha asociación benéfica de Vigo. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre