Inicio Galicia A Policía Autonómica detén cinco furtivos da zona de Ferrol no marco...

A Policía Autonómica detén cinco furtivos da zona de Ferrol no marco da ?Operación Ártabra?

0

Empregaban documentos dunha confraría de Asturias para introducir no mercado percebe extraído ilegalmente

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2019.- Axentes da Policía Autonómica procederon á detención de cinco furtivos da zona de Ferrol no marco da denominada como “Operación Ártabra”. Os detidos introducían no mercado percebe extraído ilegalmente empregando documentos dunha Confraría de Asturias.

A operación, que continúa aberta, comezou en agosto do ano pasado na lonxa da Coruña. Nunha inspección rutinaria, os axentes da Policía Autonómica e do Servizo de Gardacostas detectaron unha serie de documentos de transporte do Principado de Asturias.

A partir de aí iniciaron unha investigación na que acabaron por identificar a un grupo de furtivos da zona de Ferrol que extraían ilegalmente percebe e o introducían na lonxa empregando documentos dunha Confraría de Asturias.

Para realizar as comprobacións necesarias, a Policía Autonómica púxose en contacto coa Consellería de Desenvolvemento Rural e Recursos Naturais do Principado de Asturias, que sinalou que hai máis de 8 anos que eses documentos non se empregaba e nos que non recoñeceron as firmas. As cinco toneladas de percebe que se introduciron con estes documentos teñen un valor medio en lonxa de 110.000 euros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre