Inicio Galicia A poesía en lingua galega viaxa a Nova York da man da...

A poesía en lingua galega viaxa a Nova York da man da cuarta edición do Kerouac

0

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe á presentación da participación galega no festival que se celebra do 3 ao 6 de abril


A 4ª edición do Festival Internacional Kerouac volve levar a poesía en lingua galega en diálogo con outras artes a Nova York, do 3 ao 6 de abril. A directora do evento, Vanessa Álvarez, acompañada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe este festival.

Trátase dun evento internacional que, desde hai sete anos, cada mes de outubro ten lugar en Galicia, na cidade de Vigo e, desde hai catro, en Nova York, cada mes de abril. A súa inspiración é a Xeración Beat e a súa finalidade a de levar a poesía ás rúas e mesturala con outras artes, nomeadamente coa música e coa performance, nunha exposición dinámica e moderna da expresión poética.

A cuarta edición preséntase como unha obra de enxeñería poética sobre o Atlántico, que en xaneiro de 2019 se extendeu a México cunha edición na que participaron artistas e poetas de Galicia, do resto de España, EEUU e México. Os obxectivos son presentar a poesía como ponte de unión entre países, cidades, continentes e artistas; irmandar o galego coas dúas linguas máis importantes de Nova York (inglés e español); poñer en valor a creación poética e a palabra en todos os seus rexistros e contextos artísticos e ofrecer os seus espazos de intervención como territorio do latexo poético do século XXI.

A representación galega correrá nesta ocasión a cargo de Wöyza, Mma Bomwas, Celia Parra, José Lameiras, Marcos de la Fuente, Francisco Álvarez Koki, Vanessa Álvarez e Alberto Avendaño e desenvolverase ao longo de catro días na sede do Instituto Cervantes (mércores 3 de abril), no Ferry (xoves 4), en La Nacional (venres 5) e en Bowery Poetry (sábado 6). O evento conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, canda outros coma os do Bowery Poetry Club e o NYC Ferry neoiorquinos, o dos Haiku Guys + Gals ou o do Consulado de España en Nova York.

Toda a información, así como o programa do festival, está dispoñible en https://www.festivalkerouacvigo.com. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre