Inicio Galicia A plataforma do libro dixital incorpora novos contidos de inglés para os...

A plataforma do libro dixital incorpora novos contidos de inglés para os 21.000 alumnos e docentes da iniciativa E-Dixgal

0

A Editorial Pearson ofrece novos recursos multimedia, actividades interactivas e complementarias da materia de inglés para o alumnado así como contidos específicos para o profesorado


Os preto de 21.000 alumnos e docentes dos 267 centros educativos integrados na iniciativa E-Dixgal do Proxecto Abalar, xa teñen acceso aos contidos educativos de Inglés da Editorial Pearson. A incorporación dun novo provedor da materia de inglés é una das medidas previstas pola Amtega e a Consellería de Educación para seguir estendendo a educación integramente dixital a máis centros.

A incorporación dos contidos da Editorial Person complementa ás 750 unidades didácticas de 45 materias dos provedores Netex Learning e Edebé, integradas xa na plataforma do libro dixital, ás que se suman as unidades, os recursos complementarios e o acceso ao banco de contidos da Editorial Planeta, así como os máis de 3.200 contidos dixitais creados polos propios docentes.

Recursos multimedia e actividades interactivasDentro de cada unha das unidades didácticas do novo provedor, pódense atopar para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO o Dixital Book (o libro do alumnado incluíndo os recursos multimedia e as actividades interactivas) e as Activities (as actividades interactivas e complementarias ás actividades do libro do alumnado). Ademais, os docentes dispoñen de material específico, non accesible para o alumnado, como son as programacións solucionarios, guías e similares.

Os contidos de Pearson seguen os estándares actuais de usabilidade da Plataforma Virtual de Aprendizaxe de E-Dixgal, cun deseño áxil e dinámico e poden ser empregados polo alumnado e o profesorado tanto en modo online como offline. Os novos contidos empregan a tecnoloxía responsive, o que permite o seu uso nos ordenadores, tablets, smartphones…, garantindo deste xeito a adaptación a todo tipo de dispositivo.

Incremento dun 84% no uso da plataforma dixital O curso pasado iniciouse a integración progresiva dun paquete de melloras para seguir estendendo a educación dixital a máis centros. Tras a renovación de equipamento, a incorporación dun terceiro provedor de contidos, a entrada en funcionamento do Servizo de Atención, Soporte e Acompañamento Premium para familias, alumnado e profesorado, así como da mellora da conectividade en todos os centros públicos de primaria e secundaria, nos dous primeiros meses do curso actual rexistrouse un incremento do 84% no acceso á plataforma do libro dixital.

A incorporación dun novo provedor da materia de inglés era outra das medidas previstas nesta iniciativa do Abalar, concibido como un proxecto vivo, que evoluciona do concepto de equipo na aula ao de “mochila dixital”, un equipo que acompaña ao alumnado en toda a súa actividade educativa, tanto dentro como fóra do centro, e que lle proporciona o acceso a todos os recursos educativos dixitaisAulas Dixitais Actualmente, máis de 900 centros e 6.000 aulas de 5º e 6º de educación primaria, Educación Secundaria e Bacharelato, son Abalar, beneficiando a máis de 120.000 alumnos. O Proxecto Abalar foi concibido como unha iniciativa para transformar o proceso educativo, transformando a aula tradicional nunha aula dixital, coa implicación de toda a comunidade educativa: pais, nais, titores legais, docentes, e alumnado.

Para conseguilo, Abalar iniciou a súa andaina en 2010 proporcionando aos centros educativos: o equipamento e a conectividade; contidos dixitais; accións de formación e difusión para docentes e familias; canles de participación a través de espazos web e apps para docentes e familias. No curso 2014-2015 Abalar avanzou na súa evolución coa implantación nos primeiros centros da iniciativa de Educación Dixital E-Dixgal, para estender o libro dixital no ámbito educativo galego.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre