Inicio Galicia A partir de mañá terán lugar as catas dos meles e os...

A partir de mañá terán lugar as catas dos meles e os queixos de Galicia que organiza Medio Rural cos consellos reguladores

0

O director do Agacal será o responsable de inaugurar estas catas no centro de formación de Lamas de Abade, en Santiago de Compostela

A partir de mañá terán lugar en Santiago de Compostela as catas dos meles e dos queixos de Galicia 2018. Serán a XVII cata dos meles e a XXI cata dos queixos e desenvolveranse entre mañá e o venres no Centro Integrado de Formación Profesional Compostela de Lamas de Abade, como vén sendo habitual nos últimos anos.

O director da Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, será o encargado de inaugurar o evento xa que é este departamento o que organiza o certame en colaboración cos diferentes consellos reguladores da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e das catro denominacións queixeiras de Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro.

Nas catas de meles, que comezarán mañá ás 9.00 horas, participarán 13 mostras na categoría multiflorais e 7 na de monofloral pertencentes a 14 industrias, todas inscritas na Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Os sete membros do xurado, entre os que hai produtores e outros profesionais, xornalistas e docentes, elixirán unha distinción de ouro, prata e bronce para cada categoría.

Leer más:  La Xunta abre a participación pública o plan de conservación do espazo natural da Torre de Hércules

No caso dos queixos, en total hai 71 mostras coa seguinte distribución por denominación de orixe: 27 de queixo Tetilla, 19 de Arzúa-Ulloa, 9 de Arzúa-Ulloa curado, 10 de San Simón da Costa, 4 do Cebreiro e 2 do Cebreiro curado. Haberá un gañador para cada una das categorías. En canto ás industrias, son 59 as empresas participantes. Os catadores, neste caso, chegan ata doce persoas entre os que hai expertos, docentes, doutores e outros profesionais relacionados co mundo gastronómico.

Cata a cegasTanto a cata dos meles como a dos queixos farase baixo a modalidade de “cata a cegas” que consiste en que os catadores descoñecen en todo momento a que elaborador pertence o produto que están a avaliar. Para conseguir iso, a organización establece un sistema de identificación que garante o anonimato das mostras durante todo o proceso, de xeito que os queixos e meles premiados non se coñecerán ata o día da entrega dos premios, evento xa consolidado no calendario gastronómico galego.

Como vén sendo habitual, a entrega de premios realizarase nun acto convocado e organizado para tal fin ao que se convocarán todos os finalistas.

Leer más:  Hallan en Cangas (Pontevedra) el cadáver del hombre que cayó al mar tras volcar una planeadora el pasado viernes

- Te recomendamos -