Inicio Galicia A Orde de Infraestruturas de Uso Público da Vicepresidencia beneficia a 25...

A Orde de Infraestruturas de Uso Público da Vicepresidencia beneficia a 25 concellos da provincia de Ourense

0

Cinco proxectos destinaranse á pavimentación e acondicionamento de camiños; outros cinco á rehabilitación ou mellora da Casa do Concello; catro á mellora de instalacións deportivas e o resto a mellorar infraestruturas ou servizos públicos

A Vicepresidencia da Xunta vén de resolver as axudas da Orde de Infraestruturas de Uso Público que teñen como principal obxectivo mellorar as condicións de vida das persoas residentes nas áreas rurais coa creación ou mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. Así, o Goberno galego apoiará con máis de 730.000 euros a execución de 25 proxectos noutros tantos concellos da provincia ourensá.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, explicou que, ao abeiro desta liña de subvencións, se van executar obras de pavimentación e acondicionamento de camiños en cinco municipios e en outros cinco concellos desenvolveranse traballos de rehabilitación das súas Casas do Concello. Catro proxectos destinaranse á mellora de instalacións deportivas e o resto, ata chegar ao número de 25 proxectos, serán obras de acondicionamento de infraestruturas ou servizos públicos. Díaz Mouteira indicou que a Xunta financiará o 70% do total do custo do proxecto.

A representante do Goberno autonómico destacou que “estas axudas permiten levar a cabo actuacións que benefician directamente aos cidadáns, e que contribúen decisivamente á mellora da súa calidade de vida, e demostran as vantaxes da colaboración entre administracións”.

Coincidindo coa resolución desta liña de axudas, Marisol Díaz Mouteira visitou hoxe O Pereiro de Aguiar, un dos 25 concellos da provincia beneficiados con este programa. A delegada territorial xunto con alcalde, Eliseo Fernández, analizaron as obras de mellora do pavillón polideportivo municipal que se van a executar grazas a estes apoios autonómicos. Díaz Mouteira comprobou a deterioración do lucernario central e dos elementos de drenaxe das augas pluviais que ocasiona manchas de humidade e filtracións ao interior, polo que os traballos que se acometerán ao abeiro desta Orde consisten na substitución e reposición dos elementos de evacuación das augas pluviais (lucernario e caleiros) do edificio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre