Inicio Galicia A oficina de atención aos afectados pola explosión de Paramos facilitará a...

A oficina de atención aos afectados pola explosión de Paramos facilitará a tramitación das axudas

0

Traballadores sociais e persoal de Urbanismo e o IGVS asesorarán aos afectados e prevé comezarse a pagar as primeiras reparacións nas vivendas con sinistros menores na primeira quincena de xuño

O concello de Tui conta, dende hoxe, no centro de formación de Guillarei, cunha oficina de atención aos afectados, que conta con traballadores sociais e técnicos de urbanismo. Mañá incorporarase persoal do Instituto Galego de Vivenda (IGVS) de cara a asesorar en relación ás axudas da Xunta de Galicia.

A Xunta simplificará e axilizará en todo o posible estas axudas, para que se requiran os mínimos trámites aos solicitantes. Neste senso, a Administración autonómica conta con comezar a facer efectivo o pago das primeiras reparacións nas vivendas con sinistros menores na primeira quincena de xuño.

A Xunta atendeu de forma inmediata a solicitude xudicial de asistencia técnica para realización de traballos de peritaxe sobre o terreo. Dende a pasada fin de semana unha empresa especializada se atopa xa traballando sobre o terreo en Páramos en colaboración cos corpos de emerxencias e seguridade co obxectivo de determinar o antes posible o estado das vivendas do perímetro afectado e trasladar cales están en condicións de ser habitables e o alcance dos danos que rexistra cada edificación.

Leer más:  Salvamento Marítimo y Gardacostas están buscando al tripulante de un velero que fue encontrado a la deriva frente a la Costa da Morte

Dende a Consellería de Educación, por outra banda, levará a cabo esta semana a reparación dos danos causados no colexio unitario Mestra Clara Torres de Guillarei, onde a onda expansiva causou a rotura de varias fiestras así como de persianas. Para garantir a seguridade dos dez alumnos deste centro foron trasladados a unitaria de Baldráns.

As axudas da Administración autonómica cubrirán os gastos de realoxo desde o momento da explosión das persoas con vivendas danadas. En relación a este tema, continúase a traballar dende a Consellería de Infraestruturas, en colaboración co concello, para atopar canto antes solucións para o traslado a vivendas axeitadas para cada familia o antes posible.


- Te recomendamos -