Inicio Galicia A obra Don Ricardo de Fingoi dá conta do legado intelectual e...

A obra Don Ricardo de Fingoi dá conta do legado intelectual e persoal de Carvalho Calero en Lugo

0

O secretario xeral de Política Lingüística e o delegado territorial da Xunta participaron na presentación do libro que complementa a exposición itinerante e o web homónimos, impulsados polo Colectivo Egeria co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixeron hoxe a presentación pública do libro Carvalho Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi, que complementa a exposición itinerante e o web homónimos sobre a figura deste intelectual que impulsa o Colectivo Egeria co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2020 da Xunta de Galicia,A obra Carvalho Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi dá conta do importante legado intelectual e persoal que deixou Ricardo Carvalho Calero durante os seus 15 anos de estancia en Lugo e o seu paso polo Colexio Fingoi se consideran decisivos na traxectoria profesional, persoal e intelectual do autor homenaxeado este 17 de maio pola Real Academia Galega (RAG).

García Gómez salientou que “Carvalho Calero foi profesor e director dun colexio que destacou pola súa innovación pedagóxica e polo compromiso firme coa lingua e coa cultura galegas”. Ademais dos representantes da Xunta, tamén participaron no acto Magalí Carballo Ramos, filla do autor homenaxeado; Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria e Asunción Fernández (Siña), directora do Colexio Fingoi,A presentación, celebrada na Biblioteca Pública de Lugo, enmárcase na semana cultural que o colectivo Egeria e a Xunta de Galicia dedican en Lugo a través do proxecto Don Ricardo de Fingoi, que vén desenvolvendo desde xaneiro deste ano a asociación cultural co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. No decurso do acto, rendéuselle tamén homenaxe á profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das maiores especialistas no autor, falecida en xuño deste ano.

Carvalho Calero na voz do seu alumnadoO libro Carvalho Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi, que ademais de co patrocinio da Xunta de Galicia conta coas colaboracións da RAG e do Colexio de Fingoi, réndelle homenaxe ao autor desde os testemuños, entroutros, de quen foron os seus alumnos e alumnas e reflite as súas pegadas na cidade de Lugo, na que o autor viviu tres lustros (de 1950 a 1965) e desenvolveu unha moi importante actividade na investigación, na educación e na escrita.

Participan na edición Marisol Truque, Angelines Penas, Rosa Canto, Asunción Fernández, Marcos Fernández, Rosendo Figueroa, Mª Ángeles Rico, Mª Luz Corredoira, Araceli Herrero, María José Pardo-Gil, Emilio Valiño, Mª Carmen Fernández, Adela Figueroa, Francisco García-Bobadilla, Xosefina Baamonde, Fernando Pardo, Luis Abeledo, Bernardino Pardo, Mª Carmen Herrero, Gloria Baamonde, Juan Carlos Teijeiro, Fernando López-Acuña, Antonio López-Acuña, Carmela Dadín, Mª Dolores Fernández, Ramón Courtier, Maricruz Truque, Carmen Blanco, Jacobo Sández, Bernardo Abeledo, Pepa Carro, Marina Cal, Carlos Fernández, Manuel Sández e Xulio Xiz.

O proxecto homónimo inclúe, ademais deste libro, un web e unha exposición itinerante, ademais dun folleto que reflicte integramente os trece paneis da exposición. Todos os materiais poden consultarse e descargarse nos portais web www.carballocaleroenlugo.org e https://colectivoegeria.org/portfolio/don-ricardo-de-fingoi-carballo-calero-en-lugo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre