Inicio Galicia A obra do escultor Manuel Buciños, protagonista na exposición ?Diario de artista?...

A obra do escultor Manuel Buciños, protagonista na exposición ?Diario de artista? no centro cultural Marcos Valcárcel

0

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á presentación da mostra que estará aberta ao público do 5 de marzo ao 3 de maio

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación da exposición Diario de artista. Buciños na que se fai un amplo percorrido pola singular obra do escultor Manuel Buciños e que estará aberta ao público no Centro Cultural Marcos Valcárcel do 5 de marzo ao 3 de maio.

A mostra, promovida pola Fundación Xoán Piñeiro e comisariada por Cuqui Piñeiro, contén 60 obras datadas entre os anos 60 ata a actualidade e alberga un dobre escenario: a parte de taller e a parte de artista que representan a simbiose de elementos físicos xunto a outros non tanxibles que pasarían desapercibidos para o público.

A exposición forma parte dun proxecto máis amplo que inclúe un falodoiro co artista no Teatro Principal con persoas que teñan anécdotas, sucesos e experiencias que aproximen ao asistente á visión humana deste artista. Ademais, editarase un catálogo coa obra de Buciños, no que as imaxes estarán acompañadas por textos do escultor falando do seu traballo, xunto a unha escolma documental.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre