Inicio Galicia A nova Lei de rehabilitación de Galicia está chamada a ser o...

A nova Lei de rehabilitación de Galicia está chamada a ser o quinto sentido común para poñer en valor o territorio da comunidade

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reitera a necesidade de acadar o máximo consenso entre os grupos para conseguir un texto que perdure no tempo


Despois da aprobación do Plan de Ordenación do Litoral, das Directrices de Ordenación do Territorio, a Lei do solo e a Estratexia Galega da Paisaxe, a futura Lei de rehabilitación e de rexeneración urbana de Galicia é o quinto sentido común co que contará Galicia para poñer en valor o territorio da comunidade.

Así o puxo de manifesto esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no Pleno do Parlamento, onde se debateu o texto da primeira lei nesta materia coa que contará Galicia. Argumentou que, despois de dez anos traballando en instrumentos que poñan en valor o territorio galego, era preciso completar este longo percorrido para responder á necesidade de dignificar a paisaxe e o valor da arquitectura tradicional.“Galicia necesita unha Lei de rehabilitación, coa que cumprir un obxectivo como promover a cultura da rehabilitación”, porque “non hai maior desprotección para as vivendas que a súa desprotección”, afirmou; ao que engadiu que o desexo do Goberno galego é facer unha Galicia máis atractiva para vivir, traballar e visitar.

A conselleira de Medio Ambiente destacou que a efectividade desta medida precisaba do máximo consenso, para garantir o seu obxectivo de perdurabilidade no tempo, polo que se incorporaron ao texto un 42% das alegacións que se achegaron durante os trámites de consulta previa e audiencia do texto.

Nese sentido, reiterou aos grupos representados na Cámara galega a necesidade de buscar o máximo consenso sobre esta futura Lei de Rehabilitación e facer as achegas que permitan pechar un texto completo e dinámico, que pasará a ser unha ferramenta legal que facilitará e potenciará a recuperación do construído.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre