Inicio Galicia A nova Lei de espectáculos axilizará e simplificará a autorización de eventos...

A nova Lei de espectáculos axilizará e simplificará a autorización de eventos e concertos

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, explicaron as novidades deste novo texto


O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, explicaron hoxe na Coruña as novidades da nova Lei de espectáculos públicos de Galicia, que entrará en vigor o próximo 2 de xullo.

Na súa intervención, explicaron que esta normativa, a primeira de Galicia que regula o sector, ten entre os seus obxectivos axilizar e simplificar a autorización de eventos e concertos, ao tempo que conxuga estas facilidades cunha maior atención á defensa e seguridade dos consumidores.

Precisamente coa intención de facilitar e simplificar a tramitación, a norma incrementa as atribucións que teñen o concellos na materia, tanto á hora de autorizar os eventos que teñan lugar no seu termo municipal, como noutros factores como as ampliacións de horario ou a capacidade de inspección e sanción.

Ata o de agora, as autorización de actividades extraordinarias -eventos que se realizan en establecementos e que non están amparados pola súa licenza- precisaban da autorización da xefatura territorial da Xunta, previo informe de concello. Coa entrada en vigor da Lei, pasarán a depender exclusivamente do concello. Ademais, a Lei tamén faculta aos gobernos locais a regular por ordenanza as actividades de escasa entidade, de xeito que poderán eximilas de calquera trámite administrativo.

Leer más:  El juicio por el alijo del Karar comienza con solicitudes de nulidad de defensas que cuestionan la investigación

Tamén se simplifica a tramitación das verbenas populares, que só precisarán dunha declaración responsable, así como o seguro de responsabilidade civil exixido.

Deste xeito, a nova Lei non establece ningún tipo de restrición á celebración de eventos, así como tampouco establece novos requisitos aos establecementos máis aló dos que xa figuraban na lexislación e regulación vixente en materia de seguridade, urbanismo ou convivencia.

Precisamente, no ámbito da seguridade e as condicións técnicas que se deben cumprir, a Lei reitera as obrigas que xa existían na lexislación vixente, e que se deben cumprir para garantir a seguridade das persoas que asisten aos eventos. Esta garantía de seguridade é a mesma razón pola que se establece a necesidade de que os establecementos e organizadores conten cun seguro de responsabilidade civil acorde á afluencia de xente prevista.

Neste ámbito inclúese tamén outras das novidades, que é o establecemento de que o control de acceso -naqueles locais que, pola normativa xa vixente agora, así o necesiten- ten que ser exercido por profesional habilitado.

Leer más:  El PSdeG premia a las futbolistas Vero Boquete y Paula Dapena con los V Premios de Igualdad 'Maruja Vázquez'

Ademais, a Lei tamén condena de forma expresa calquera tipo de discriminación no dereito de admisión, dando así cobertura a aqueles clientes que crean que foran inxustamente tratados. 


- Te recomendamos -