Inicio Galicia A nova Axenda de Emprego de Galicia contará con case 200 M?...

A nova Axenda de Emprego de Galicia contará con case 200 M? para dar resposta ao novo escenario laboral poscovid-19

0

Prevé mobilizar máis de 225 millóns de euros a través de 30 medidas que beneficiarán a máis de 65.000 galegos e galegas


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe de que o Consello da Xunta avaliou a nova Axenda de Emprego 2021 “para facer fronte ás necesidades e ao impacto no paro que está tendo a recesión económica que se está iniciando".

Nesa liña, a nova Axenda de Emprego 2021 contará cun orzamento de 196,7 millóns de euros e prevé mobilizar máis de 225 millóns de euros a través de 30 medidas que beneficiarán máis de 65.000 galegos e galegas. Máis polo miúdo, o presidente da Xunta detallou que esta nova iniciativa engloba cinco eixes de actuación.

O primeiro eixe está centrado na transición cara o novo contexto laboral con iniciativas como incentivos á contratación ou axudas complementarias a persoas incluídas en ERTE por causas económicas e ás persoas maiores de 55 anos que perderon o seu emprego como consecuencia da crise da covid.

En canto ao segundo eixe, cun orzamento de 2,3 millóns de euros, busca a recuperación da confianza e da seguridade laboral a través da formación ás empresas e de guías e asesoramento en seguridade e saúde laboral.

O terceiro eixe dá prioridade á formación para o emprego. Contará con 112 millóns de euros para actuacións como o campus de emprego para realizar obradoiros vencellados a contratos laborais e programas de inserción laboral; un plan de recualificación de parados de longa duración para maiores de 45 anos; a especialización dos centros de formación da Xunta ou o fomento de aulas virtuais e competencias dixitais. Este eixe inclúe tamén a creación de Unidades Formativas á carta para sectores estratéxicos como a automoción, o naval e o forestal.

No que respecta ao cuarto eixe, ten como obxectivo o impulso ao emprego autónomo, o que servirá para complementar os 16 millóns de euros xa recollidos no Plan de reactivación económica para axudas directas para financiar os gastos que tiveron durante a pandemia como o envío de produtos ao domicilio dos consumidores ou gastos en seguridade, subministracións e telecomunicacións.

Por último, o quinto eixe terá como finalidade modernizar as oficinas de emprego tanto no que respecta aos orientadores laborais como para melloras tecnolóxicas.

Calendario laboral 2021Tamén no eido laboral, o Consello da Xunta analizou hoxe a proposta de días festivos para o próximo ano 2021. O titular do Goberno galego avanzou que o vindeiro ano “Galicia terá como festivos propios o día das Letras, 17 de maio, e o día de San Xosé, 19 de marzo”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre