Inicio Galicia A música dos novos prodixios chega ao Mosteiro de Carboeiro e A...

A música dos novos prodixios chega ao Mosteiro de Carboeiro e A Mezquita a través do ciclo ?Camiños Sonoros?

0

Músicos dos Conservatorios de Santiago e Xinzo de Limia levarán as súas interpretacións de piano, clarinete e frautas travesas ata estes dous enclaves da Vía da Prata

O ciclo Camiños Sonoros, impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, fai dobre parada esta fin de semana no Mosteiro de Carboeiro, en Silleda, e tamén na Mezquita, en Ourense, con tres novos concertos de mozos estudantes de conservatorios galegos, unha oportunidade para unir música e patrimonio e para gozar das interpretacións dos novos prodixios da música en escenarios de especial interese deste itinerario xacobeo.

A primeira cita da fin de semana será mañá venres, no Mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro, en Silleda, ás 19,00 horas. Neste enclave único, Marta Rama Ferreira, alumna do Conservatorio Profesional de Santiago,interpretará un repertorio de piano, con composicións de Haydn, Bach, Ravel e Rachmaninoff.

O sábado, no mesmo escenario, ás 20,00 horas, os encargados de encher de música este espazo serán David Álvarez Martínez, Elba Vázquez Rodríguez e Sara Lama Opazo, alumnos do Conservatorio Profesional de Xinzo de Limia, cun programa para piano e frautas travesas, que inclúe temas de Franz Doppler, Arthur Mancini e Karl Eduard Goepfart. A continuación, o quinteto de frautas travesas de Elba Vázquez Rodríguez, Sara Lama Opazo, Aldara Rodríguez Alonso, Nicolás Casal Cid e Aixa González Alamino, interpretarán temas populares de Ravel e de Bizet.

O domingo, a cita musical trasladarase ata a igrexa de San Martiño na Mezquita. Alí, de novo serán os alumnos do Conservatorio Profesional de Xinzo de Limia os encargados das interpretacións musicais, coa participación do actor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Giuliano Lancelotti, que engadirá algunhas sorpresas a este concerto, que comezará ás 20,00 horas.

José García González, ao piano, Xosé Fernández Serrano, clarinete, e Aldara Rodríguez Alonso, frauta travesa, serán os primeiros en interpretar temas de Coboflupi, Jost ou Shostakovich. A continuación, José García González, ao piano, tocará temas de Chopin, Albeniz e Turina, e por último, Hugo González Alamino, tamén ao piano, interpretará composicións de Mozart e Chopin, para rematar o programa musical do domingo.

Programación do Xacobeo 21Todos os concertos son gratuítos e están dirixidos ao público xeral. Xa quedan poucas oportunidades para gozar de Camiños Sonoros, que está a percorrer 16 localidades da Vía da Prata cun total de 40 concertos. As últimas paradas están previstas en Allariz os vindeiros 19, 20 e 21 de xullo, en Vedra o 26 e 27 deste mes, e o ciclo rematará o seu percorrido o día 28 de xullo, nun concerto no Pico Sacro de Boqueixón.

Este programa conta coa participación de mais dun cento de estudantes de conservatorios galegos, coa dirección artística da pianista e xestora musical Andrea González. O ciclo forma parte da programación previa do Xacobeo 21 e inclúese no calendario do Plan Director do Camiño de Santiago, que prioriza melloras e diferentes accións de dinamización cultural nesta ruta en 2019.

PROGRAMA DESTA FIN DE SEMANAVenres 12 de xullo. 19,00 horasMosteiro de Carboeiro, SilledaConservatorio profesional de Santiago de CompostelaMarta Rama Ferreira, pianoSábado 13 de xullo. 20,00 horasMosteiro de Carboeiro, SilledaConservatorio profesional de Xinzo de LimiaDavid Álvarez Martínez, pianoElba Vázquez Rodríguez, frauta travesaSara Lama Opazo, frauta travesaAldara Rodríguez Alonso, frauta travesaNicolás Casal Cid, frauta travesaAixa González Alamino, frauta travesaDomingo 14 Xullo. 20,00 horasIgrexa de San Martiño. A MezquitaConservatorio Profesional de Música de Xinzo de LimiaJosé García González, pianoXosé Fernández Serrano, clarinete Aldara Rodríguez Alonso, frauta travesaJosé García González, pianoHugo González Alamino, piano Giuliano Lancelotti, actor 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre