Inicio Galicia A mostra ?Mulleres sobranceiras? fai un percorrido pola educación da muller a...

A mostra ?Mulleres sobranceiras? fai un percorrido pola educación da muller a partir do século XIX e homenaxea a Concepción Arenal

0

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, asistiron á apertura da exposición con motivo do Día Internacional das Mulleres


O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, asistiron á inauguración da mostra Mulleres sobranceiras. A educación da muller. Homenaxe a Concepción Arenal, con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Trátase dunha mostra de 35 documentos sobre a educación da muller a partir da segunda metade do século XIX. Estes reflicten a natureza dun sistema educativo que, orientado cara ás mulleres, centraba a súa formación en materias como a educación física ou as denominadas domésticas, entre outras. Pero tamén amosan o papel da muller na súa condición de formadora dentro dun sistema que a consideraba apta para o ensino.

Como fío condutor da exposición, atópase a figura de Concepción Arenal, a quen, con motivo da celebración do 200 aniversario do seu nacemento, o Arquivo de Galicia quere render homenaxe a través desta escolma de documentos sobre a educación da muller, un tema polo que a ferrolá sempre amosou un especial interese.

A mostra, que permanecerá aberta ata o 17 de xuño no espazo central da Biblioteca e Arquivo de Galicia, cumpre así un dobre obxectivo: dar visibilidade ao papel das mulleres e concienciar sobre os cambios necesarios para conseguir unha sociedade integradora e igualitaria, así como dar visibilidade aos arquivos como institucións garantes dos dereitos e obrigas das sociedades das que forman parte. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre