Inicio Galicia A mostra de economía social ES-Pop Up, organizada pola Xunta, estará en...

A mostra de economía social ES-Pop Up, organizada pola Xunta, estará en Santiago ata o vindeiro sábado

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, asistiu esta tarde a este espazo no que participan oito proxectos de economía social que poderán perfeccionar o seu modelo de negocio

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou esta tarde, na praza Roxa de Santiago de Compostela, a mostra de economía social ES-Pop Up que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro sábado, 19 de outubro.

Trátase dunha iniciativa de impulso de proxectos de economía social mediante a creación de espazos efémeros de emprendemento no que os participantes teñen a posibilidade de expoñer os seus produtos e servizos, testar unha idea de negocio ou estender o valor da marca, o que lles permite perfeccionar o seu modelo de negocio antes de lanzarse definitivamente ao mercado.

En concreto, Santiago de Compostela contará coa presenza de oito proxectos de negocio galegos de diferentes eidos, desde turismo a moda, pasando pola alimentación –con negocios de infusións ou queixos de cabra-, a cosmética ou a ilustración. En concreto trátase das iniciativas de Aida Alonso, Amarelas, Milkabra, Muchachicha, Paporroibo, Nela Biosense, TxokoSurf Wear e EnRuedas.

Previamente, os oito emprendedores asistiron a varios talleres preparatorios formativos e sesións de titorización individual, onde puideron profundar sobre contidos que complementaronn a súa formación comercial e enriqueceron os seus proxectos empresariais: escaparatismo, márketing dixital e comercial, capacidade financeira ou previsión económica foron, entre outras, as temáticas que se abordaron.

ES-Pop Up enmárcase no proxecto Poctep Laces, cofinanciado pola Unión Europea a través do Feder e liderado pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía Emprego e Industria.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre