Inicio Galicia A mostra de economía social Es-Pop Up, organizada pola Xunta, estará en...

A mostra de economía social Es-Pop Up, organizada pola Xunta, estará en Lugo desde mañá e ata o vindeiro sábado

0

No espazo participarán oito proxectos de economía social que poderán perfeccionar o seu modelo de negocio, e haberá actividades complementarias para todos os públicos

A praza da Soidade de Lugo acollerá desde mañá, xoves 24 de outubro, ata o sábado 26 a mostra de economía social Es-Pop Up. Trátase dunha iniciativa de impulso de proxectos de economía social mediante a creación de espazos efémeros de emprendemento nos que os participantes teñen a posibilidade de expoñer os seus produtos e servizos, testar unha idea de negocio ou estender o valor da marca, o que lles permite perfeccionar o seu modelo de negocio antes de lanzarse definitivamente ao mercado.

En concreto, Lugo contará coa presenza de oito proxectos de negocio galegos de diferentes eidos, desde a enxeñaría e arquitectura ao deseño de roupa. Así, participarán Inside Out English Centre, unha academia de inglés para nenos e adultos; Mujeres Ensambladas, proxecto de economía circular que busca desenvolver dúas liñas de produtos orgánicos; A3 proyectos, que ofrece servizos de realidade virtual para a enxeñaría e a arquitectura; Pleno Rendimiento, centrado en mellorar a calidade de vida dos traballadores a través da actividade física; MycoGalicia Plantae, centrado no aproveitamento dos cogomelos, e D-Raíz, que se dedica ao deseño de roupa e complementos de moda sustentable. Tamén participarán Amodiño, centro especializado en rehabilitación veterinaria, e SmartWood, de servizos dixitais de xestión agrícola.

Previamente, os oito emprendedores asistiron a varios talleres preparatorios formativos e sesións de titorización individual, onde puideron profundar sobre contidos que complementaronn a súa formación comercial e enriqueceron os seus proxectos empresariais: escaparatismo, márketing dixital e comercial, capacidade financeira ou previsión económica foron, entre outras, as temáticas que se abordaron.

ES-Pop up enmárcase no proxecto Poctep Laces, confinanciado pola Unión Europea a través do Feder e liderado pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía Emprego e Industria. Os visitantes poderán achegarse á mostra mañá en horario de 17 a 20 horas, e o venres e o sábado de 11 a 14 e de 17 a 20 horas. Ademais dos espazos dos proxectos emprendedores, a actividade inclúe un programa de actividades paralelas e gratuítas na que se inclúen concertos, obradoiros e actividades para os máis pequenos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre