Inicio Galicia A modificación do proxecto sectorial da Cidade do Transporte de Ponte Caldelas...

A modificación do proxecto sectorial da Cidade do Transporte de Ponte Caldelas prevé un novo acceso, máis prazas de aparcamento e zonas verdes

0

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental vén de emitir o Informe Ambiental desta modificación puntual, impulsada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, coa que se pretende adaptar un ámbito de case 90.000 m2 ás necesidades actuais e potenciar a oferta de solo empresarial na zona de Pontevedra

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de emitir o Informe Ambiental Estratéxico da Modificación Puntual do proxecto sectorial da Cidade do Transporte de Ponte Caldelas; cuxa alternativa seleccionada prevé un novo acceso na marxe suroeste para o tráfico rodado, incrementa as prazas de aparcadoiro, incorpora beirarrúas nos viarios e aumenta a superficie de zonas verdes. Tamén recolle un cambio de uso dos terreos e dalgunhas parcelas para axustarse as actividades económicas.

Así se recolle no Informe Ambiental Estratéxico emitido pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático sobre esta modificación que afecta a un ámbito industrial de case 90.000 m2 e que consisten adaptar o estado do ámbito ás necesidades actuais e potenciar a oferta de solo empresarial na zona de Pontevedra e dinamizar a implantación de novas empresas ou o traslado ou ampliación doutras xa existentes e que necesiten solo urbanizado para o desenvolvemento dos seus proxectos.

Neste sentido, a modificación ten aplicación sobre a parcelación e os usos das mesmas en cuestións puntuais, como a alineación das naves que se constrúan nas mesma ou na mellora dos servizos e dotacións das parcelas do parque empresarial.

A Dirección Xeral de Calidade dispón, á vista dos informes sectoriais e do período de consultas previas, que non é preciso sometelo ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, en tanto non se consideran efectos significativos.

No informe indícase que o ámbito emprázase nun enclave industrial e que a modificación non comportará un impacto paisaxístico significativo, pois non se mudará a paisaxe da Central de Transportes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre